De novo o noso equipo consigue 3 puntos nun partido moi difícil ante un moi bo equipo como é o Val Miñor que ata o de agora aínda non perdera no seu campo e fai que nos distanciemos do 6º posto (a 6 puntos) e nos acheguemos ao 4º posto (tamén a 6 puntos). A primeria parte foi bastante igualada no que o equipo local mais afeito ao campo que era de reducidas dimensións (90x54 metros) intentaba sempre combinar e os nosos xogando "á contra" tamén tiñan as súas ocasións, facendo que rematase con empate. Na segunda metade enseguida conseguimos o 2-3 e a partir dese momento o Val Miñor fíxose co dominio do balón e os nosos coa "ansia" de gardar o resultado quizais non xogaron todo o ben que a todos nos gusta, pero por outra parte "loitaron" moitísimo e fixéronse fortes en defensa con algunhas ocasións en contraataques claros. Parabéns a todo o equipo e en especial destacar o "debut" de Xavi (infantil B) que xogou moi ben e a punto estivo de marcar no último minuto do partido e tam én "a volta" de Jhoni (infantil B) que tamén estivo moi ben.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario