
Importante victoria do Barbadás fronte o Melias esta tarde no campo dos Carrís.Partido dominado na primeira parte polo conxunto local, dominio que quedaría reflexado no marcador co gol acadado por Cubi no minuto 31 ao rematar un centro desde a banda de Outumuro.Tamén gozaría o Barbadás de outras ocasións para ampliar o marcador como sendos disparos de Terra e Jorge nos minutos 21 e 27 e o disparo de falta de outomuro no minuto 27 ao sacar unha falta na frontal da área. Na segunda metade continuaría a tónica da primeira nos seus primeiros compases para pasar a un xogo más equilibrado para ambos clubres e no que unha maior intensidade no xogo que culminaria no goldo empate acadado no minuto 68 , a cargo de Rubén.A partir dese intre o Barbadás retomaría o dominio do xogo realizado na primeira metade para terminar ampliando a conta goleadora cos goles acadados por Josiño a centro de Cristián e por Outomuro de penalty no minuto 90.


No hay comentarios:
Publicar un comentario