miércoles, 19 de noviembre de 2008

EL INFANTIL A PIERDE EN EL DESCANSO


O equipo infantil non puido seguir na boa racha de resultados que levava ata o de agora e perdeu por 1-0 co Rapido Bahía. O partido comezou sendo de total dominio dos nosos e xa na primeira xogada do partido Marcos Laso ten un "man a man" co porteiro; uns minutos mais tarde Alex Boan, que estaba practicamente "coxo", fixo unha das súas "arrancadas" dende o propio campo acabando con un tiro cruzado que non entra por moi pouco. No minuto 28 Alex Boan ten que ser sustituido cousa que afectou aos seus compañeiros, xa que "animicamente" síntense mais seguros si el está con campo. O equipo contrario, pouco a pouco, foise animando ao ver que non éramos capaces de meterlle un gol e o partidos transcurriu igualado, ata que a falta de 5 minutos para o final Borrajo dispón de unha ocasión solo diante do porteiro local pero o seu tiro sae fora por pouco. Cando xa os dous equipos se conformaban co empate no minuto 42 o balón pégalle a Joel na man ao intentar controlar o balón e o penalty e transformado por un dianteiro local.

No hay comentarios: